![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de maio de 1905 ![]() Alfaraz de Sayago (España) ![]() |
Morte | 29 de outubro de 1936 ![]() Aravaca (España) ![]() |
Causa da morte | homicidio, execución por arma de fogo ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | filósofo , escritor , xornalista , político , falanxista ![]() |
Partido político | Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista ![]() |
Xénero artístico | Ensaio e novela ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
![]() |
Ramiro Ledesma Ramos, nado en Alfaraz de Sayago,[1] provincia de Zamora, o 23 de maio de 1905, e finado en Aravaca, provincia de Madrid, o 29 de outubro de 1936, foi un ensaísta, filósofo e político español. Director do semanario La Conquista del Estado, foi unha figura clave na articulación intelectual do fascismo español; en opinión de autores como González Cuevas, foi o "máximo teorizante do fascismo español".[2][3]
Aliado con Onésimo Redondo, ambos fundarían en 1931 as Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista (JONS), que se fusionaron en 1934 coa Falange Española de José Antonio Primo de Rivera e Julio Ruiz de Alda para dar lugar a Falange Española de las JONS (FE de las JONS). Enfrontado con Primo de Rivera, foi expulsado da organización en 1935, volvendo, tras fracasar na reactivación das antigas JONS, para dedicarse á actividade intelectual. Despois do inicio da guerra civil, que o sorprendeu no Madrid leal á Segunda República, foi detido por milicianos e finalmente fusilado durante unha saca de presos.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search